As microempresas, as pequenas empresas e os traballadores autónomos pertencentes ao municipio das Pontes terán á súa disposición o «Plan Vive» activado recentemente polo Concello. Este plan é unha ferramenta que ten como principal obxectivo facilitarlles a resolución de dúbidas e achegarlles asesoramento, consultoría e información sobre diversos temas, fundamentalmente relacionados coas necesidades de investimento e financiamento e coa reestruturación dos recursos humanos.
Plan Vive
Dentro do alcance de Invest in Cities, este servizo posto en marcha polo Consistorio trátase da maior iniciativa de atracción de investimento a cidades españolas na que, xunto con As Pontes, participan unha vintena de municipios.
Coa prestación deste servizo, o Concello axudará ás pemes, micropemes e autónomos do municipio para afrontar a crise sanitariav desencadeada pola pandemia evitando así, na medida do posible, o cesamento definitivo da súa actividade.
Nese sentido, Ana Pena, responsible da área de Industria e Emprego, apuntou que «este programa suporá unha oportunidade para axudar ás firmas locais a atravesar a difícil situación económica e laboral que estamos a vivir a través de asesoramento personalizado en áreas específicas como a financieira, laboral ou socioeconómica.
A propia edil lembrou que os interesados terán á súa disposición dun equipo de persoas expertas para axudarlles na reestructuración dos RR.HH -ERTEs/Es-, ofrecerlles asesorameto para a consecución de financiamento público -subvencións e axudas- así como prestarlles axuda na consecución de fondos e investimento privado.
Para iso, o ente local pon ao dispor das empresas do territorio, de maneira gratuíta, a un equipo multidisciplinar de consultores do Grupo PGS. O acceso ao servizo está operativo a través do banner situado na páxina web do Consistorio www.aspontes.org.