O Pleno das Pontes aproba por unanimidade a servidume necesaria para a captación de auga da futura planta de biofibra de Ence

O acordo permitirá executar as infraestruturas que conectarán o lago das Pontes coa futura fábrica promovida por Biofibras de Galicia
A biofábrica de Ence en Pontevedra | Arquivo
A biofábrica de Ence en Pontevedra | Arquivo

O Pleno do Concello das Pontes deu luz verde por unanimidade á constitución dunha servidume sobre unha parcela municipal necesaria para desenvolver as infraestruturas de captación e condución de auga da futura planta de biofibra reciclada branqueada que Biofibras de Galicia, filial de Ence, proxecta construír no municipio.

A aprobación deste trámite administrativo permitirá avanzar na execución das instalacións previstas para abastecer de auga a futura factoría, un proxecto declarado Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) pola Xunta de Galicia en xuño de 2023.

PUBLICIDAD

Captación de auga desde o lago

A servidume autoriza o paso e ocupación dunha parcela de titularidade municipal para construír as infraestruturas necesarias para captar auga do lago das Pontes, bombeara e transportala mediante unha condución soterrada ata a futura planta industrial.

O permiso abrangue tamén a instalación de canalizacións eléctricas, sistemas de sinalización e telecontrol, así como dunha sala eléctrica, unha caseta de control e outros elementos auxiliares precisos para o funcionamento da infraestrutura. Do mesmo xeito, permitirá o acceso aos terreos para executar as obras e realizar labores de mantemento, inspección e reparación.

Un dereito condicionado ao uso das instalacións

A autorización terá carácter indefinido mentres as infraestruturas continúen en funcionamento e se manteñan as condicións que xustifican a súa concesión. A empresa deberá aboar a contraprestación económica correspondente, establecida conforme á normativa vixente, e asumir a reposición dos terreos ao seu estado orixinal no caso de que a servidume deixe de estar vixente.

Durante a sesión plenaria, todos os grupos municipais apoiaron a proposta, que supón un novo paso na tramitación dun proxecto industrial chamado a converterse nun dos principais investimentos previstos nas Pontes nos próximos anos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.