Obras de mellora no abastecemento da rúa Cabanas de As Pontes

A intervención suporá un investimento de algo máis de 47.000 euros e permitirá renovar parte da rede de sumunistro
ruacabnasaspontes

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a licitación das obras de mellora do abastecemento na rúa Cabañas. O proxecto, cun orzamento base de licitación de 47.092,66 euros, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e permitirá renovar a rede de abastecemento da zona urbana.

A intervención forma parte do plan de renovación de infraestruturas municipais programadas polo grupo de goberno, «que xunto con outros proxectos de mellora da iluminación e a eficiencia enerxética e outros servizos e instalacións públicas, permitirá mellorar a calidade de vida da veciñanza», explicaron desde o goberno local.

Entre os traballos previstos atópase a reposición da actual liña de fibrocemento que descorre pola marxe exquerda da rúa, substituindo a canalización por una nova liña en tubos de fundición, con características técnicas e sanitarias adaptadas á normativa vixente. Asemade, procederase á reposición do pavimento, tanto de beirarrúa coma de calzada.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.