Operarios de Endesa e auxiliares demandan un futuro e un proceso de transición xusto no Parlamento

Varios traballadores da central térmica e das súas auxiliarias aproveitaron o último día do debate de investidura para esixir á Xunta unha maior responsabilidade
20-09-03_concentracion_auxiliaresendesa_parlamento_0

Aproveitando a última sesión do debate de investidura producido o pasado xoves 3 de setembro, traballadores e traballadoras das auxiliares de Endesa nas Pontes realizaron unha concentración pola tarde ás portas do Parlamento galego, tendo como obxectivo principal a demanda dun proceso de transición xusto que pasa por dar garantías de emprego e dun futuro industrial.

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións periódicas que CIG, CCOO e UGT convocan ante a falta de avances nas solucións para os traballadores das contratas e subcontratas da central térmica que, a día de hoxe, seguen sen contar cunha solución global e completa a súa problemática.

Competencias autonómicas en materia de industria e emprego

Sobre a decisión de levar a concentración ao Pazo do Hórreo, Alberte Amado, da CIG-Industria, salientou que aínda que as competencias no proceso de transición son do Ministerio, «a Xunta de Galicia ten competencias en materia de industria e de emprego, polo que tamén ten responsabilidades cos traballadores das auxiliares e debe traballar para que se defina o número de persoas afectadas e darlle unha alternativa de garantía de emprego».

As garantías de Endesa, só até finalizar as probas

Sobre as garantías de emprego ofrecidas por Endesa para a súa industria auxiliar, lembrou que só están vixentes até que rematen as probas cos biocombustíbeis na central, que seguindo o previsto realizaranse a mediados deste mes de setembro.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.