Os transportistas de carbón de As Pontes poderán acollerse á moratoria de seis meses no pago de cotas

O Goberno anunciou hoxe esta decisión que forma parte das medidas de reactivación tras a crise da Covid-19
Central térmica de As Pontes
Central térmica de As Pontes

A Delegación do Goberno en Galicia informa que as medidas de reactivación no ámbito do transporte aprobadas onte polo Consello de Ministros inclúen especificamente aos transportistas de carbón das centrais térmicas. Polo tanto, este colectivo poderá acollerse á posibilidade de moratoria de seis meses no pago do principal das cotas dos contratos de préstamos, leasing e renting de vehículos dedicados ao transporte público de mercadorías de máis de 3,5 toneladas de masa máxima autorizada.

Porén, solo terán en conta aqueles casos en que experimenten dificultades financeiras como consecuencia da emerxencia sanitaria, é dicir, cando sufrisen na media mensual dos meses de marzo a maio de 2020 unha redución de ingresos ou facturación de polo menos un 40% respecto á media mensual dos mesmos meses do ano 2019.

A moratoria conlevará a suspensión dos pagos principais das cotas do contrato durante o prazo solicitado permanecendo inalterado o resto do contido do contrato inicial, podendo optar por dúas vías: ben poden ampliar o prazo de vencemento nun número de cotas equivalente á duración da moratoria, ou ben redistribuir as cotas sen modificación do prazo de vencemento e sen alterar o tipo de interese aplicable. Estímase que esta medida permitiría un aprazamento de ata 330 millóns de euros no caso do transporte de mercadorías.

A medida forma parte da Real Decreto-lei 26/2020, de medidas de reactivación económica para facer fronte ao impacto da Covid-19 nos ámbitos de transportes e vivenda, aprobado onte 8 de xullo polo Consello de Ministros e que publica hoxe o BOE.

As medidas adoptadas articúlanse ao redor de tres eixos fundamentais: protexer a saúde dos traballadores e viaxeiros, garantindo a dispoñibilidade dos servizos esenciais; proporcionar liquidez ás empresas do sector para facer fronte ás perturbacións financeiras a curto prazo vinculadas á crise do coronavirus; reducir as cargas administrativas simplificando e acelerando determinados procedementos administrativos.

Para iso contempla diferentes iniciativas no sector do transporte terrestre, de mercadorías e de viaxeiros, no transporte ferroviario, aéreo e marítimo e complétase con medidas no ámbito de vivenda.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.