Os transportistas do carbón retoman o seu encerro no concello de As Pontes

Actualmente hai almacenadas e paralizadas máis de 800.000 toneladas de carbón entre a central térmica e o porto exterior de Ferrol

Os transportistas do carbón que traballan na central térmica de Endesa en As Pontes retomaron o peche que mantiñan desde o pasado mes de setembro e que suspenderan de maneira temporal polo Nadal. Os traballadores do transporte atópanse no salón de plenos do concello pontés onde realizarán unha asamblea para “analizar a situación actual” tralo último anuncio de peche da compañía eléctrica o pasado 26 de decembro, explicou o presidente da Federación de Transportistas, Manuel Bouza.

“As expectativas son moi malas e xa empeza a cundir a desánimo e o pesimismo entre os compañeiros,  porque son moitos meses sen traballar e non se albisca unha solución a curto prazo”. Son algo máis de 60 empresas e uns 150 camioneiros os que se ven directamente afectados pola paralización da central.

“A situación actual danos a razón a nós sobre a necesidade de manter operativa esta central” 

O representante dos transportistas explicou que nos últimos tres días a empresa únicamente puxo en marcha un dos seus catro grupos de producción, que consome  unhas 4.000 toneladas de carbón ao día, polo que non creen que o traballo para eles vaia reactivarse a curto prazo, “tendo en conta que Endesa almacena só nas instalacións de As Pontes máis de 400.000 toneladas”, máis outro tanto no porto exterior de Ferrol.

“A situación danos a razón a nós sobre a necesidade de manter operativa esta central”, insistiu Manuel Bouza, “xa que ao parecer moitas das enerxías renovables non están a xerar a produción necesaria para satisfacer a demanda. E todo iso cando aínda moita industria non reactivou a súa produción polo Nadal”.

 

Relacionado: As Pontes busca alternativas ao peche definitivo de Endesa

                       Endesa evaluará de novo o uso de biocombustibles nas Pontes

 

 

Salir de la versión móvil