Sofocado un incendio nunha vivienda en As Pontes

Un problema eléctrico nun deshumidificador puido ser o motivo do lume

Os Bombeiros do Eume sufocaron na madrugada deste martes un incendio nunha vivenda no municipio das Pontes causado supostamente por un deshumidificador. Segundo informou o 112 Galicia, o incendio orixinado nun aparello provocou que o lume se propagase ao inmobiliario da casa, pero non houbo persoas feridas.

O centro de emerxencias tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa sobre as 04.15 horas deste martes, quen informou dun lume na Avenida de Galicia, á altura do número 74.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE), o lume concentrábase na sala da vivenda e todos os ocupantes atopábanse fóra no momento do incidente. Unha vez no punto, os equipos de extinción confirmaron que ardera un deshumidificador e que o fume afectara a parte das escaleiras comúns do edificio.

 

Salir de la versión móvil