Un fin de semana «máxico» nas Pontes

A vila acolle un festival de ilusionismo e maxia do venres 2 ao domingo 4 de decembro
El mago Héctor SanSegundo actuará este viernes día 2 de diciembre
El mago Héctor SanSegundo actuará este viernes día 2 de diciembre

O Concello das Pontes celebrará a próxima fin de semana o festival de ilusionismo “As Pontes ten Maxia”, unha proposta que achegará, ata diferentes escenarios da vila, unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados números de maxia do momento nun espectáculo único. Vicente Roca, concelleiro de Cultura resalta que “a través desta proposta reunimos a un conxunto de ilusionistas, procedentes de diferentes lugares do mundo, para ofrecer un espectáculo de maxia espectacular que, temos o convencemento, quedará no recordo da veciñanza e persoas visitantes por moito tempo”

Trátase dunha proposta que arrancará o venres, 2 de decembro, cun espectáculo ao aire libre, se a meteoroloxía o permite, ás 21:00 horas no Parque Municipal, da man de Héctor SanSegundo e o concerto das Cherry Sweet. En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao salón de actos da Casa Dopeso. Xa o sábado, 3 de decembro, a partir das 11:00 horas, o Mago Samena dirixirá un obradoiro de maxia, dunha hora de duración, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos, e ás 13:00 horas regresará a maxia á rúa, ao Parque Municipal,  tamén da man de Nacho Samena – En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao salón de actos da Casa Dopeso- e xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a quenda para a gala de maxia infantil familiar, a cargo do Mago Rafa, no Auditorio Municipal Cine Alovi.

O domingo 4 de decembro, a partir das 18:00 horas celebrarase a Gran Gala Internacional de Maxia no Auditorio Municipal Cine Alovi na que participarán Dani Polo, Lore Lavand, o Mago Rafa, David Díaz, e o Dúa Kybalion. As entradas para a Gala Infantil de Maxia e a Gran Gala Internacional de Maxia poden retirarse na páxina web https://aspontes.sacatuentrada.es/es e poderán retirarse 15 minutos antes do espectáculo na billeteira do Auditorio Municipal Cine Alovi.

Programación de Nadal

Por outra banda, o concelleiro de Cultura aproveitou a presentación deste festival para adiantar algunhas das propostas culturais deseñadas para o nadal, destacando entre elas o espectáculo circense «Ambulant» da compañía La Fam, un espectáculo en gran formato no que se rende homenaxe ao últimos circos clásicos de principios do século XX, unha proposta poética e intimista, cunha elaborada posta en escena e música en directo que chegará o día 10 de decembro, ao Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 16:30 e 19:30 horas

Por outra banda, haberá un concerto de Andrés Balado o sábado, 17 de decembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi, no que presentará o seu traballo Entrelazados, acompañado dunha banda e dous músicos convidados que porán en escena un directo demoledor, ao máis puro estilo dos músicos clásicos dos que bebe no seu traballo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.