Cabanas arranxará os camiños do Batán e Os Bouces debido ao mal estado actual

Un total de 30.400 euros serán invertidos para que a empresa Canarga SL lle dé unha solución á veciñanza lindeira
Camiño Batán (estado previo ás obras)

O Concello de Cabanas vén de anunciar a licitación das obras para o arranxo dos camiños do Batán e Os Bouces, dúas actuacións que serán levadas a cabo pola empresa Canarga SL, a cal presentou a oferta máis vantaxosa das cinco empresas que se presentaron á licitación. A inversión que ambas as dúas obras alcanzarán será de un total de 30.400 euros.

Esta rehabilitación se desenvolverá con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR).

Dende o goberno local quixeron valorar positivamente estas obras de mellora, que considera imprescindíbeis e prioritarias dado o mal estado do firme en ambos camiños municipais.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.