A praia canina: a nova iniciativa de Cabanas coa que poder levar á túa mascota ó areal

A zona habilitada para a o paseo dos cans son dun total de 150 metros, dende o espigón do faro ata a zona sinalada mediante carteis

O Concello de Cabanas promove unha nova iniciativa para todas aquelas persoas que teñan un can como mascota e queiran levala de paseo á praia: unha praia canina. Durante o 1 de xuño e o 30 de setembro de cada ano estará en vigor esta nova proposta local onde verase sinalizado o seu acceso e a súa delimitación dentro do areal, onde conta con 150 metros desde o espigón do faro.

A maiores depositaranse dúas papeleiras anti-cheiros específicas para as deposicións dos cans, tendo en conta as tres papeleiras con dispensadores de bolsiñas para excrementos colocados ao longo do paseo. Para evitar que esta nova iniciativa se utilice dun mal xeito faranse controis rutinarios por traballadores municipais e pola policía municipal para garantir que todas as normas se cumpran.

Normas á cumprir

Como toda boa nova, esta praia canina tamén terá unhas normas que hai que seguir para poder facer un bo uso do areal. En primeiro lugar, os donos que accedan á praia terán que levar ás súas mascotas co correspondente chip e tendo presente a cartilla de vacinas actualizada, ademais de que non poderanse traer cadelas en celo ou calqueira canino sen desparasitar. Por outra banda e con respecto á hixiene do lugar, vixiarase de maneira estrita as deposicións dos animais, tendo que levar o dono en todo momento un número suficiente de bolsas para manter a limpeza do areal.

En canto a seguridade dos bañistas, os animais con historial de agresividade non poderán adentrarse no areal, e os considerados de raza perigosa tendrán que levar a respectiva boceira, colar e estar suxeitos con correa para evitar calquera incidente. Para que a situación non se descontrole só poderase acceder á praia cun máximo de dous cans por persoa, ademais de ter terminantemente prohibido calquera tipo de adestramento, aínda que esté feito por profesionais.

 

Salir de la versión móvil