A praia canina de Cabanas acolle a segunda edición do Festival Dog-Friendly Xiracan

O programa inclúe obradoiros, música e un roteiro canino ao longo desta fin de semana
279823112_5610575118976320_4669489525220284822_n

Cabanas acolle a segunda edición do Festival Dog-Friendly Xiracan, que chegará á praia canina da Madalena os próximos 20 e 21 de agosto, e que ten como obxectivos avanzar na conversión de Cabanas nun referente de concello amigo dos cans – tras o éxito da posta en marcha da praia canina – ao tempo que se traballa o respeto polos animais e o medio ambiente, dando tamén visibilidade ao traballo dos profesionais do sector nunha contorna privilexiada.

Ademais, este festival ten un compoñente solidario coa recadación de fondos para a Asociación Cometa de Narón, seleccionada este ano coma beneficiaria da doazón de Lenda Pet Foods, patrocinadora do evento, pola súa traxectoria e boa praxe.

A xornada do sábado comezará as 19h. Prevendo desfrutar previamente dunha xornada de praia, coa presentación do evento presidida por Carlos Ladra, alcalde de Cabanas, ao mesmo tempo que comezarán os distintos obradoiros para os máis pequenos na zona Kid Gadis, e a feira da Asociación Cometa. Tamén haberá unha andaina polo sendeiro da costa até Almieiras, para o cal é preciso anotarse a través da plataforma Gohu, ou ben na instalación o mesmo día. Todos os participantes recibirán un agasallo.

O domingo sucederanse diferentes actividades, como a clase participativa da man da Asociación Cans do Nordés sobre a importancia da comunicación co teu can; exhibición de obediencia enfocada á asistencia con Lobos de Naraío, xantar o ar libre, obradoiros infantís na zona kid Gadis, charla dos educadores caninos da Escola de Educación Canina Eloa K9 sobre o estrés nos cans, como identificalo e reducirlo, ou o desfile de cans en adopción coa Asociación Cometa.

Ademais, este ano preséntase o concurso canino popular, onde todo o que teña can pode presentalo e optar a ser un dos gañadores, e o Terzo Norte da Infanteria Marina ofrecerá unha charla coloquio, onde se poderá coñecer o traballo desta unidade cinolóxica encadrada nas Forzas de Protección da Armada. O evento rematará coa entrega premios, e música en directo, a cargo de “Al Vila & Cube” e cea o ar libre nas foodtruks Auga Autóctonas , con productos de proximidade e razas autóctonas galegas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.