Aberto o prazo de inscrición para a feira de Santa Marta, en Cabanas

A feira celebrarase entre os días 29 e 31 de xullo, coincidido coas Festas de Santa Marta
A feira celebrarase entre os días 29 e 31 de xullo, coincidido coas Festas de Santa Marta
A feira celebrarase entre os días 29 e 31 de xullo, coincidido coas Festas de Santa Marta

O Concello de Cabanas anunciou hoxe a apertura do prazo de solicitudes para participar na Feira de Santa Marta, que se celebrará entre os días 29 e 31 de xullo no Paseo da Madalena, establecéndose dous espazos diferenciados: un adicado a artesanía e produtos de alimentación e outro para o resto de produtos.

As persoas interesadas en participar cos seus postos na feira teñen de prazo até o venres 15 de xullo para presentar as correspondentes solicitudes a través do Rexistro Municipal, ben sexa de maneira presencial ou de maneira telemática, debendo anexar a instancia que se pode descargar da páxina cabanas.gal

De acordo co establecido no Regulamento de Venda Ambulante e Feiras, xunto coa solicitude, as persoas participantes deberán presentar o xustificante de pago das taxas (9 euros polos tres días), fotografía do posto e indicar o tipo de mercadoría que poñen á venda, de cara á súa ubicación nalgunha das zonas dispoñíbeis.

Os mercados rexeranse polos seguintes horarios: de 08.00 a 11.00h para a instalación dos postos, de 11.00 a 21.00 horas para o funcionamento e desde esa hora para a súa recollida, non estando permitido en ningún caso a invasión de beirarrúas por vehículos nin cravar piquetas no chan.

O Concello de Cabanas organizará os postos de xeito que se respecten os accesos ao Piñeiral e outros elementos do mobiliario urbano.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.