. O Concello de Cabanas vén de anunciar a apertura ao público da Oficina de Información Turística, situada no Parque do Areal, logo de ter completado o proceso de selección de persoal aberto hai unhas semanas.
O servizo de atención a visitantes funcionará os luns, mércores, xoves, venres e domingos de 09.00 a 15.00 horas, e os sábados de 09.00 a 16.30 horas. Os martes, a oficina permanecerá por descanso do persoal.
As persoas que se acheguen á oficina este ano recibirán o novo material turístico presentado polo Concello de Cabanas na última edición de FITUR, que inclúe un novo plano e folleto de información. Ademais, na oficina tamén se pode conseguir o tríptico para participar na campaña de promoción económica “Merca en Cabanas”, posta en marcha para potenciar o comercio local.
“Afrontamos unha tempada que vai estar marcada pola COVID-19, e no que todas as previsións apuntan a que teremos un turismo de proximidade”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área de turismo, Iago Varela. “O noso obxectivo será diversificar a oferta, potenciar o coñecemento de todo o territorio local e impulsar o noso comercio e hostalería”, concluíu.