Cabanas acolle este sábado un roteiro polo seu litoral

A actividade, duns 6 quilómetros con dificultade baixa, tamén achegará ás participantes ata Pontedeume
praia

O Concello de Cabanas, a través do Centro de Interpretación do Medio Mariño, organiza para este sábado 2 de xullo un roteiro polo litoral de Cabanas e Pontedeume, que ten por obxectivo dar a coñecer a riqueza natural e patrimonial da contorna.

O roteiro, duns 6 quilómetros con dificultade baixa, terá como punto de encontro o Centro de Interpretación do Medio Mariño ás 10 horas do sábado, onde un autobús trasladará ás participantes até o punto de inicio da ruta, no Muíño de Mareas. Desde aló, realizarase un percorrido guiado no que as participantes poderán coñecer tanto cuestións ambientais como outras de carácter etnográfico.

Tras percorrer o sendeiro da costa, o percorrido achegará ás participantes até Pontedeume, para coñecer a historia de edificios como o mercado, a antiga cárcere, as lonxas ou o Torreón dos Andrade, testemuñas de pedra dos cambios no litoral da desembocadura do Eume, onde centra a súa actividade o CIMM.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente indicando o nome completo, DNI e teléfono de contacto a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 674 357 478.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.