Cabanas acolle un obradoiro de apoderamento e radio dirixido a mulleres

Celebraranse dúas xornadas, os días 21 e 28 de xuño, na Escola de Lavandeira
cowomen-UUPpu2sYV6E-unsplash

O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, organiza unha serie de obradoiros de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoderamento para as mulleres, co fin de que as participantes acaden a súa autonomía económica e emocional, ao tempo que toman conciencia do autocoidado e o benestar persoal para o seu desenvolvemento e crecemento individual.

Entre os contidos que se traballarán nos diferentes talleres, organizados en dúas sesións, están os da sensibilización sobre a violencia de xénero, a práctica dos conceptos chave para comprender a desigualdade entre as mulleres e os homes, a autoestima ou o autocoidado, entre outros.

Os obradoiros celebraranse os martes 21 e 28 de xuño na Escola de Lavandeira, en horario de 17:00 a 19:30 horas. Malia que non é necesaria a inscrición previa, as persoas interesadas poden dirixirse a [email protected] ou ao teléfono 981 495 959 -extensión 6- para obter máis información.

A actividade conta con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, un programa que supón a unión dun gran número de institucións, organizacións e persoas expertas na formulación de medidas para a erradicación da violencia sobre as mulleres.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.