Cabanas acolle un obradoiro de cociña sostíbel

Na actividade, da man do cociñeiro e chef Alejandro Iglesias, participou alumando cabanés de 2º da ESO do IES Breamos
20230418_112349

A área de medio ambiente do Concello de Cabanas, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organizou esta mañá o obradoiro de cociña sostíbel “o cambio climático no prato”, da man do cociñeiro e chef Alejandro Iglesias. Na actividade participou alumando cabanés de 2º da ESO do IES Breamos.

O Concello de Cabanas seleccionou para o desenvolvemento deste taller de cociña produtos locais e da comarca do Eume, entre os que se encontran peixe do río e da ría, ameixa, queixo e requeixo, mel, arandos, marmelada e grelos. Con estes elementos, o chef elaborou un menú que incluíu un salpicón de peixe e fabas con ovo encurtido, ñoquis de grelo en salsa carbonara e musse de requeixo con toffe de mel e confitura de arandos.

A actividade forma parte dos “Sustainable Events”, que promoven a creatividade e a innovación a través de formatos novidosos. É por iso que ademais das artes culinarias, o obradoiro tivo en conta os principais aspectos dunha cociña sustentábel, que inclúen unha alimentación saudábel e equilibrada; o uso de produtos de proximidade, de tempada, ecolóxicos e de comercio xusto; o aforro enerxético e de uso e reutilización de auga; o aproveitamento dos desperdicios alimentarios; a redución e reciclaxe dos envases e residuos ou a posta en valor
dos sabores tradicionais e de outras culturas.

Con esta actividade quíxose concienciar sobre como repercute o noso consumo diario sobre fenómenos globais, como o cambio climático ou a escaseza de auga, dúas cuestións centrais do proxecto europeo People & Planet. O obradoiro está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da Axenda 2023, en concreto co ODS 13, sobre o que pivota o proxecto People & Planet e que chama a adoptar medidas urxentes fronte á emerxencia climática e os seus efectos, e o ODS 12, que avoga por garantir modalidades de consumo e produción sustentábeis.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.