Cabanas acondicionará parte da praia da Madalena como zona canina

O seu funcionamento limitarase ao período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ata agora restrinxido para animais

O Concello de Cabanas aprobou onte no pleno, cos votos a favor dos grupos de goberno, a creación dunha praia canina. Unha medida que responde a unha das maiores reivindicacións dos usuarios das praias para a mellora da convivencia durante os meses de verán.

O seu funcionamento limitarase ao período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, período no que ata o de agora os animais non podían acceder a ningún dos areais do concello. Ademais, tamén se modifica o período invernal para incluír o mes de maio, de maneira que entre outubro e maio, ambos incluídos, os cans poden acceder a todas as praias de Cabanas.

A nova praia canina de Cabanas terá unha lonxitude de 150 metros, e situarase no extremo sur da Praia da Madalena, entre o espigón e a primeira pasarela peonil. Estará delimitada con cartelaría anunciando onde comeza e contará con papeleiras para a recollida das deposicións dos animais.

Para poder usala, os cans deben contar con microchip e ter ao día a cartilla de vacinacións, e no caso das razas potencialmente perigosas contar con boceira, colar e estar en todo momento suxeitos pola correa. Tamén é obrigatoria a recollida dos excrementos, fixándose unhas sancións que oscilan entre os 30,05 e os 300,51 euros para os incumprimentos de carácter leve.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.