Cabanas aporta conexión a Internet ao seu alumnado para as clases on-line

O concello entregou cinco módems usb para os escolares que non tiña acceso á rede
20200424_102534

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Innovación Tecnolóxica, fixo entega hoxe de cinco módems USB e as respectivas tarxetas SIM de datos, que se repartirán ás famílias sen acceso á rede, garantindo o acceso á teledocencia a todos os escolares do concello.

Esta medida xurde dunha colaboración entre o Concello e o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, que á súa vez cede ordenadores ás famílias que non dispoñen deles nas súas vivendas para poder acceder aos contidos.

Desde a suspensión das aulas, o Concello de Cabanas mantense en contacto permanente co CEIP Plurilingüe Eladia Mariño e os IES Fraga do Eume e IES Breamo, nos que o alumnado de Cabanas cursa secundaria, co fin de cubrir todas as necesidades derivadas do novo método de docencia non presencial.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.