Cabanas centrará as súas reivindicacións do 8M na «dignificación dos coidados»

O Concello prepara una charla-debate e un actividade audiovisual cos rapaces do IES Fragas do Eume
8m2020_page-0001

O Concello de Cabanas vén de presentar a súa campaña polo 8 de marzo, que leva por lema “Derrubando o patriarcado: pola dignificación dos coidados”. Con ela, Cabanas súmase aos movementos feministas, que neste 8M están a pór o foco na visibilización dos coidados como eixo das reivindicacións.

Para esta cita o Concello de Cabanas distribuirá dous modelos de chapas, e programou unha actividade que terá lugar o sábado 7 de marzo a partir ás 12.00 horas no Banco contra as Violencias Machistas do Paseo da Madalena ou, no caso de choiva, baixo a pérgola do Parque do Areal.

A actividade, que non precisa de inscrición previa, iniciarase cunha charla – debate baixo o título “Derrubando o patriarcado: o feminismo, movemento individual e social”, na que se busca a interacción de todos os públicos. A continuación, crearase un mural conxunto que quedará durante varios días exposto no entorno do Piñeiral da Madalena.

“Cabanas súmase aos movementos feministas neste 8-M para visibilizar os coidados”, sinalou a concelleira de igualdade, Paula González, quen animou a toda a veciñanza “a reivindicar o papel da muller e participar das actividades programadas”.

Por outra banda, a través do equipo de mediación do IES Fraga do Eume no que participa o Concello, farase unha actividade centrada tamén na visibilización dos coidados, recollendo fotos que o alumnado pode sacar e que se proxectarán durante toda a mañá na entrada do IES o día 10 pola mañá.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.