Cabanas e Neda participarán na andaina “Primavera no Camiño”

A actividade, que se desenvolverá o próximo 4 de xullo, consiste en percorrer desde cada concello o tramo local do Camiño Inglés
18215672Master

Os Concello de Cabanas e Neda anunciaron hoxe a súa participación na Andaina “Primavera no Camiño”, unha actividade que se desenvolverá simultaneamente o sábado 4 de xullo nos concellos pertencentes á Asociación de Concellos do Camiño Inglés. O obxectivo desta actividade é realizar unha peregrinación segura no Camiño Inglés dentro do territorio de cada concello. Así, en todos os concellos á mesma hora – a partir das 10.00 horas do 4 de xullo – percorrerase o treito correspondente ao Camiño Inglés.

No caso concreto de Cabanas, a andaina partirá do Polígono de Vilar do Colo, percorrendo o tramo local do Camiño Inglés polo municipio até completar a etapa no Parque do Areal, nas inmediacións da Oficina de Información Turística.

Co obxectivo de cumprir coas medidas sanitarias previstas pola crise da COVID-19, establécese un limitación de prazas a un total de 50 persoas, que deberán inscribirse previamente en [email protected] ou a través do 981 495 959 (extensión 3) indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento e localidade de orixe. Ademais, será necesario que todas as persoas participantes usen máscara cando non sexa posible manter a distancia de seguridade.

En Neda, cubrirase o tramo que separa o Albergue e o límite con Fene. Arrancará tamén ás 10.00 horas e está aberto a todas as persoas interesadas, pero con inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 50. Para anotarse é preciso chamar ao 981 38 00 39 ou acudir á casa consistorial antes do venres 3 de xullo.

O nome da Andaina Primavera no Camiño é debido á imposibilidade de realizar o evento Primavera no Camiño na data prevista inicialmente a consecuencia da COVID-19. Aínda así, dende a asociación non se quixo renunciar á promoción desta ruta xacobea e facelo deste xeito, mediante a reactivación segura do Camiño Inglés.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.