Cabanas completa a primeira fase do trampeo da velutina con 298 raíñas capturadas

O Concello recomenda a toda a veciñanza que continúen a colocar trampas caseiras nas súas hortas, fincas e xardíns
velutina

Esta semana realizouse a primeira revisión e reposición de atraínte nas trampas colocadas polo Concello de Cabanas en todas as parroquias do termo municipal de Cabanas. A concelleira responsábel da área de servizos, Eva García, valorou positivamente esta primeira revisión «nesta primeira fase obtívéronse moi bos resultados, cun total de 298 raíñas capturadas»

Desde o Concello de Cabanas recoméndase a toda a veciñanza que continúen a colocar trampas caseiras nas súas hortas, fincas e xardíns. «A experiencia destes anos lévanos a recomendar que as froiteiras e as camelias seguen a ser os lugares máis axeitados para a súa colocación», comentou Eva García, quen tamén indicou que «as mixturas caseiras, como as de cervexa e viño, son as que mellores resultados dan á hora de atraer á vepa velutina cara as trampas».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.