Cabanas conmemora o Día das Letras Galegas con actividades para todas as idades

Durante todo o mes de maio haberá teatro, contacontos, homenaxes a Férnadez del Riego e un certame de poesía e microrrelato
Cartaz do IV Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas | CONCELLO DE CABANAS
Cartaz do IV Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas | CONCELLO DE CABANAS

O Concello de Cabanas conmemora o Día das Letras Galegas, adicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego, cunha axenda de eventos que se estende ao longo do mes de maio e que inclúe actividades para todas as idades.

Esta programación comeza o mércores, 10 de maio, coa actuación de Migallas Teatro e o seu espectáculo “Orella Pendella”, dirixido a crianzas de entre cero e tres anos. Está deseñado para mellorar a capacidade cognitiva e comunicativa das máis pequenas e desenvolverase no Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas ás 10:00 horas.

O luns 15 de maio, ás 19:00 horas, a Escola Laica acollerá a o espectáculo “Un día para as Letras. Unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego”, de Polo Correo do Vento. Trátase dunha actividade de contacontos ilustrado, no que se desenvolverá unha versión adaptada da biografía do autor homenaxeado polas Letras Galegas, mentres un ilustrador fará un mural e un músico interpretará temas orixinais vinculados a Del Riego. Esta actividade conta con financiamento da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Por último, o sábado 20 de maio ás 12:00 horas no Parque do Areal (ou na Escola Laica no caso de choiva), a compañía Fantoches Baj desenvolverá o espectáculo de monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, inspirado na obra “Galicia” de Fernández del Riego, no que traslada a nosa maxia dos camiños, cancións e lendas. Está pensado para o público infantil.

Cabanas tamén ten aberto o prazo de presentación de obras ao IV Certame de Poesía e Microrrelato, cun total de catro categorías e premios que consistirán en cestas elaboradas con produtos de proximidade. As persoas interesadas deben presentar as súas obras a través do correo [email protected] até o 14 de maio, de acordo coas bases publicadas na web cabanas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.