Cabanas destina 6.200 euros á reparación de baches por todo o concello

A parroquia de Irís e o Polígono Industrial de Vilar do Colo foron dos primeiros lugares nos que se actuou

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Infraestruturas, vén de poñer en marcha un plan de reparación de baches nas sete parroquias do concello, incluíndo tamén as rúas do Polígono Industrial de Vilar do Colo.

Con carácter previo a estas actuacións o Concello levou a cabo unha inspección de todos os viais municipais para atopar os puntos máis conflitivos en cada parroquia, e actuar para poñerlle solución.

“Estes traballos supoñen un investimento de 6.200,15 euros e servirán para reparar os baches en pistas que nalgúns casos levaban máis dun lustro sen recibir ningunha actuación de mantemento” sinalou a responsable da área de infraestruturas, Concepción Rodríguez.

A maiores dos traballos de reparación, desde a Concellaría de Infraestruturas estase a traballar en diferentes proxectos para a mellora de pistas municipais, algúns con presuposto propio e outros con cargo a plans de obras cofinanciadas pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Salir de la versión móvil