Cabanas e Narón súmanse ao manifesto “Cooperación contra o coronavirus”

Reclaman que se concentren novamente os esforzos solidarios en axudar outros pobos e países menos preparados para resistir os efectos do coronavirus
April 3, 2020 - MADAGASCAR
April 3, 2020 - MADAGASCAR

Os Concellos de Cabanas e de Narón, xunto con outros catorce concellos galegos, aprobaron o manifesto “Cooperación contra o coronavirus”, que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidariedad, da que forman parte novo fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O  texto sostén que “nun contexto global, abandonar aos países do sur non é unha opción”, polo que unha vez superada a fase máis grave nos nosos territorios haberá que “axudar a outros pobos menos preparados para resistir os efectos da pandemia”. Ademais de Cabanas e Narón, os concellos de Ames, Arteixo, O Barco, Bergondo, Cambados, Malpica, Moraña, Poio, Ponteareas, Sada, Sandiás, Silleda e Tomiño, sumáronse a esta declaración para visualizar o apoio do municipalismo á cooperación internacional como instrumento necesario para responder ao desafío global xerado pola COVID-19.

“Se non actuamos globalmente, o risco de que o virus rebrote ou de que aparezan novas pandemias será cada vez maior, xa que vivimos nun mundo hiperconectado” sinala o manifesto, que tamén fai un chamamento a “fortalecer as capacidades locais dos países máis empobrecidos para xestionar servizos básicos que lles permitan afrontar a crise”.

O Fondo Galego, do que forma parte o Concello de Cabanas, vén de aprobar un investimento de 98.126 euros para frear o impacto do coronavirus en Mozambique e Guinea-Bissau, a través de cinco proxectos que inciden na sensibilización da veciñanza, a dotación de materiais de prevención, o abastecemento de auga ou a saúde da infancia. Ademais, recentemente puxo en marcha nas redes sociais a campaña #OsMunicipiosCooperan para poñer en valor a solidariedade internacional desde o local.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.