A área de servizos do Concello de Cabanas iniciará o mércores 12 de abril a campaña anual de loita contra a vespa velutina, co reparto de trampas e líquido atraínte. O reparto de trampas farase previa cita no teléfono 674 274 580. As persoas que ademais da trampa desexen recoller líquido atraínte, deberán achegarse cun recipiente para poder recollelo.
O Concello de Cabanas ten asinado un convenio de colaboración coa Xunta, polo cal esta última, a través do SEAGA, encárgase da retirada ou neutralizado dos niños de vespa velutina. Deste modo, as persoas que detecten a presenza de niños, deben dirixirse ao teléfono 012 para trasladar o aviso.