Cabanas leva os sabores do Eume a Barcelona

O ‘Gastronomic Forum Barcelona’ acolleu un showcooking no que se presentaron dúas creacións locais
Sardiña sobre focaccia de fariña do país
Sardiña sobre focaccia de fariña do país

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, presentou hoxe en Barcelona os sabores do Eume no “Gastronomic Forum Barcelona”, considerado o principal evento culinario do calendario anual das citas gastronómicas que se celebran no conxunto do Estado. Esta presentación levouse a cabo a través dun showcooking que tivo lugar estar esta tarde no stand de turismo da Deputación da Coruña, baixo a nova marca turística e gastronómica “A provincia que sabe”. Nel, o chef Antonio Díaz, de Gastrofood AUTGA, realizou en directo dúas elaboracións: “sardiña da nosa ría curada e afumada sobre focaccia de fariña do muíño do Batán e queixo do Eume” e “tosta de churrasco de cachena afumado con bidueiro, picada fresca e chimichurri emulsionado”.

A participación de Cabanas no “Gastronomic Forum Barcelona” chega despois do éxito colleitado no “Galicia Fórum Gastronómico” do pasado mes de setembro, e forma parte da estratexia de promoción turística posta en marcha polo Concello de Cabanas baixo os parámetros de calidade e sustentabilidade. Este traballo contribuíu a que o Concello de Cabanas, xunto co resto de concellos da comarca do Eume, resultase escollido como beneficiario dos Plan de Desenvolvemento Turístico en Destino cun proxecto turístico para o Eume ao que lle foron concedidos 1,5 millóns de euros.

“Apostar por produtores locais e produtos e proximidade para crear a oferta gastronómica de Cabanas e da comarca do Eume é unha oportunidade para fomentar o emprego de calidade no sector, fixar poboación e coidar o territorio”, indicou o tenente alcalde e concelleiro de turismo de Cabanas, Iago Varela. “Coidar e impulsar a oferta gastronómica do noso concello supón avanzar na diversificación e desestacionalización da promoción turística na que vimos traballando nos últimos tempos”, concluíu Varela.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.