Cabanas limitará o aparcadoiro nas praias para controlar o seu aforo

Na praia da Madalena redúcese o número de prazas totais ao tempo que se prioriza o seu uso por residentes
5dbbd213eebf33ecd856468d6f891502

O Concello de Cabanas vén de iniciar os traballos para reorganizar o acceso e aparcadoiro de vehículos nas inmediacións dos seus principais areais, A Madalena e Chamoso, para dar resposta ás medidas de control de acceso e redución de aforo provocados pola crise da COVID-19.

No caso da praia da Madalena, os traballos iniciáronse a finais da semana pasada coa instalación dun peche de madeira que delimitará unha área non permitida para o aparcadoiro, e continuará estes días coa reorganización e repintado das prazas de estacionamento en batería.

Esta zona en batería, agás unha pequena área destinada a persoas con mobilidade reducida e outra de libre aparcadoiro para turismos, estará practicamente na súa totalidade destinada ao aparcadoiro de residentes, o que supón un notorio incremento das prazas para a veciñanza de Cabanas.

Así mesmo, os autobuses terán unha nova ubicación esta tempada, podendo aparcar unicamente nunha área reservada para este tipo de vehículos na primeira rotonda de acceso. Pola súa banda, o que até o de agora foi aparcadoiro de autobuses será agora unha zona reservada a minibuses accesíbeis para deixar ou recoller viaxeiros con mobilidade reducida, vehículos de emerxencia e carga e descarga.

Polas súa banda, en Chamoso reducirase o número de vehículos permitidos, coa prohibición expresa de aparcar ás beiras do camiño, ao tempo que a explanada de aparcadoiro existente quedará reservada única e exclusivamente a persoas residentes.

Estas medidas de prevención forman parte do plan posto en marcha polo goberno local para o control do aforo nos areais durante o verán. “Farase un control exhaustivo do cumprimento destas medidas e a súa evolución, coa posibilidade de amplialas se fose necesario para garantir a seguridade das persoas usuarias”, sinalaron desde o goberno local.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.