A área de igualdade do Concello de Cabanas vén de anunciar o obradoiro fotográfico “Retratos e emocións”, que ten por obxectivo achegarse á fotografía cunha perspectiva feminista e co foco posto nas emocións como elementos comunicativos. O obradoiro dividirase en dúas sesións que terán lugar os sábados 14 e 21 de xaneiro, en horario de 11.30 a 13:00 horas, e terán lugar no Apeadoiro do Areal e os seus arredores. Neles, as participantes aprenderán sobre a luz, a composición e diferentes tipos de retratos para transmitir as ideas e mensaxes.
Para tomar parte destes obradoiros non se precisa de experiencia previa, xa que a formación estará adaptada aos diferentes graos de coñecemento. As participantes poderán empregar as súas propias cámaras dixitais – se dispoñen delas – ou a cámara do teléfono móbil. Para participar faise necesario realizar inscrición previa enviando os datos de contacto ao correo [email protected] ou chamando ao teléfono 649 075 263.