Cabanas propón achegarse a Rosalía cun ‘rosco’ e contacontos

A celebración do Día de Rosalía centra a actividade da área de normalización nestas xornadas
A través dun xogo interactivo tipo “rosco”, poderase completar un “dicionario” rosaliano
A través dun xogo interactivo tipo “rosco”, poderase completar un “dicionario” rosaliano

O Concello de Cabanas conmemora desde hoxe o Día de Rosalía cunha serie de actividades de carácter lúdico para achegar a toda a veciñanza, e moi especialmente á comunidade escolar, a figura de Rosalía de Castro e a nosa lingua. A través dun xogo interactivo tipo “rosco”, poderase completar un “dicionario” rosaliano, permitindo ás usuarias descubrir curiosidades da vida e obra de Rosalía de Castro. Este xogo está accesíbel para todos os públicos desde o enlace https://i.gal/rosalia23.

“Rosalía de Castro destacou non só polo seu papel no uso e defensa da lingua galega, senón tamén como muller empoderada” indicou a concelleira de normalización lingüística, Paula González. “A súa obra mantense en toda a súa vixencia na actualidade, e resulta necesario reivindicar continuar a espallar o seu legado”, concluíu.

Colaboración co CEIP Eladia Mariño

En colaboración coa área de dinamización lingüística do CEIP Eladia Mariño, a área de normalización lingüística do Concello de Cabanas desenvolve esta mañá unha actividade inspirada na música en conexión coas emocións e con Rosalía.

Ademais, o día 2 de marzo terá lugar un contacontos teatral adicado á poetisa. A través da personaxe de Andrea, unha xornalista saída do século XIX, o público infantil achegarase á figura de Rosalía como unha muller pioneira do seu tempo, coa inclusión deste tema a partir dun fragmento de “Lieders”. Tamén se traballará con fragmentos dos seus textos máis importantes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.