Complétase a restauración dos bancos do Paseo marítimo da Madalena de Cabanas

Varios actos vandálicos motivaron o reacondicionamento do Banco da Diversidade e do Banco contras as Violencias Machistas
Restauración Banco Paseo da Madalena

A Concellaría de Infraestrutura de Cabanas vén de completar a restauración de corenta e tres bancos situados ao longo do Paseo marítimo da Madalena, unha actuación que se desenvolveu ao longo de varias semanas debido ao alto número de elementos inmobiliarios.

Durante os traballos de restauración dos mesmos aplicouse unha solución de lasur, cun acabado en poro aberto que permite á madeira respirar para regular a humidade e facilitar a súa saída.»Antes da restauración a madeira corría o risco de degradación, debido principalmente á incidencia do sol e aos cambios de temperatura», indicou a concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez.

Reparación dos actos vandálicos

Os traballos de restauración tamén serviron para amañar os actos vandálicos sufridos polos dous bancos reivindicativos do Paseo da Madalena, o Banco da Diversidade e o Banco contra as Violencias Machistas. Ambos os dous apareceron pintados con mensaxes machistas e discriminatorias durante o verán.

«Os ataques contra estes bancos que reivindican a diversidade de ser e sentir, así como o traballo a prol da eliminación de toda forma de violencia contra as mulleres son unha boa mostra de que queda moito traballo de concienciación por facer nestas áreas», concluíu a concelleira de igualdade e LGTBI, Paula González.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.