Conclúen as sesións de grupo de «Memoria dun Século» do Concello de Cabanas

O programa pretende recuperar a historia oral das mulleres de Regoela
memoria dun século regoela (1)

Esta semana concluíron as sesións de grupo do programa “Memoria dun Século”, un proxecto de historia oral e saúde comunitaria con perspectiva feminista dirixido a persoas maiores, co obxectivo de elaborar o relato de cen anos de historia da parroquia de Regoela, ao tempo que se xera un espazo de cohesión social e traballa a memoria individual.

Durante os meses de outubro e novembro, as mulleres de Regoela reuníronse no lugar de Xicos para pór en común os seus coñecementos sobre a parroquia, nuns encontros guiados por Olga Romasanta de Rexenerando Sociedade Cooperativa. Tras a recollida destas testemuñas, o relato compartido perdurará na historia en formato de publicación, que verá a luz nos próximos meses.

“Con este proxecto búscase pór en valor as vidas e os saberes das mulleres, contribuíndo ao seu empoderamento e á visibilización das súas achegas á historia da parroquia”, sinalou Paula González, concelleira de igualdade. “Memoria dun Século” é un programa organizado pola área de igualdade do Concello de Cabanas, e conta con financiamento da Xunta de Galiza a través das liña de promoción de igualdade de xénero.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.