O Concello de Cabanas denunciuo o pasado domingo a un veciño do municipio que foi pillado in fraganti pintando a bandeira de España nun banco do paseo de praia da Magdalena, onde hai algúns asentos pintados polo propio Concello coa bandeira LGTB ou de morado, polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Foron outros veciños da zona, que se atopaban na zona do pinar, os que viron a este home, de 50 anos de idade, en pleno ataque vandálico contra o mobiliario urbano do paseo e lle recriminar a súa acción.
Según apuntan desde o Concello, o home actuaba en solitario e puido ser identificado grazas á colaboración veciñal. De feito, se presentaron varias fotos e videos do home ante a Policía. O goberno local reclámalle o importe dos danos ocasionados, que ascende a 504,66 euros.