Licitadas as obras do novo colector interceptor de Cabanas por 1,4 millóns de euros

A infraestrutura, dun quilómetro de lonxitude, descurrirá desde o Paseo da Madalena ata o novo tanque de tormentas
DSC_1710

A Consellería de Infraestruturas e Movilidad, a través de Augas de Galicia, vén de licitar as obras de execución do novo colector interceptor en Cabanas, por un importe de máis de 1,4 millóns de euros. As empresas interesadas nesta nova actuación para a mellora do saneamento no municipio, que conta cun prazo de execución de 12 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o próximo día 16 de xullo.

Os traballos consistirán na construción dun novo colector interceptor neste municipio, dunha lonxitude de 1 quilómetro, desde o Paseo da Madalena ata o novo tanque de tormentas. Esta infraestrutura hidráulica substituirá a existente co fin de solucionar os problemas actuais de infiltración de auga de mar.

Na intervención tamén se incluirá a execución de dous ramais de colectores secundarios que conectarán co colector interceptor. Estas obras contribuirán á eliminación dos puntos de vertedura á ría e darán servizo únaa poboación de 7.100 habitantes do municipio de Cabanas.

Litoral do Eume

Os traballos contan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Estas actuacións forman parte do proxecto de mellora de saneamento que se está impulsando nos concellos de Cabanas e Pontedeume.

Actualmente, o organismo hidráulico da Xunta executa a renovación do saneamento de Pontedeume e de parte do abastecemento que se ve afectado por estas obras, así como a instalación dun tanque de retención e un bombeo. Estes traballos, adxudicados por 4,2 millóns de euros, prevén o seu final nos primeiros meses de 2021.

Tamén está redactado o proxecto de execución dun tanque de tormentas neste municipio con saída de bombeo cara a depuradora de Centroña, que comparte co concello de Pontedeume. O proxecto foi remitido ao Concello de Cabanas e, unha vez supere o proceso de información pública, será aprobado.

Estas actuacións, no seu conxunto, son estratéxicas para a mellora da calidade das augas e o avance no saneamento integral das rías galegas, cos beneficios que implica para a pesca, o marisqueo, a acuicultura, o turismo e a saúde.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.