As fortes choivas das ultimas semanas veñen de provocar fortes corrementos de terra no Concello de Cabanas, afectando notablemente ó terreo que sostén as vías de tren da liña Ferrol-Betanzos.
Dada a inexistencia de medidas de control o BNG vén de presentar unha iniciativa parlamentaria no Congreso dos Deputados, na que esixe explicacións ó Goberno sobre qué ten pensado facer para deixar de pór en risco ós pasaxeiros que circulan por esta vía cada día.
“Cómpre a implicación de ADIF para dar unha solución definitiva aos corrementos de terra sobre as vivendas e o paseo marítimo” sinalou o portavoz municipal do BNG e tenente alcalde de Cabanas, Iago Varela.
Pola súa parte, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advertiu da perigosidade na que se atopa a vía e urxíu “que se poñan en marcha medidas de control para asegurar a estrutura da vía”.