O Concello de Cabanas amplía as súas axudas a veciños en risco de exclusión social

Aumenta a cantidade destinada a alimentación, coidado infantil, ou mediciñas non cubertas pola Seguridade Social

O Concello de Cabanas vén de aprobar, na celebración do seu Pleno ordinario, a modificación da Ordenanza de Axuda e Emerxencia Social.

Esta decisión supón un aumento das axudas municipais destinadas a paliar as necesidades básicas e urxentes dos veciños e familias en risco de exclusión social.

Así, amplíanse as cantidades destinadas a alimentación, coidado infantil, medicinas non cubertas polo sistema de saúde, e transporte e reforzo escolar, entre outros.

Novos regulamentos

O Pleno cabanense tamén deu luz verde a tres regulamentos: o de Participación Veciñal, o de Venta Ambulante e Feiras e o do Rexistro Municipal de Entidades.

Salir de la versión móvil