O entorno do Areal de Cabanas prepárase para unha nova imaxe

Investirase aproximadamente 250.000 euros no proxecto que buscará unha mellora no saneamento e a humanización do entorno, o cal prevese non verá a luz ata o 2021
16403148_1396886190346279_6278442017038993347_o

O Concello de Cabanas aprobou este venres 14 de agosto o proxecto para a conexión da rede de saneamento e reparación de augas pluviais no Parque do Areal, unha actuación que tamén inclúe a humanización e mellora da accesibilidade no cruce da Avenida do Areal coa Travesía do Areal, principal entrada peonil ao entorno da Praia da Madalena desde o núcleo urbano da localidade.

Con estas obras, a administración local arranxará as deficiencias da rede de saneamento e augas pluviais na zona do Areal, onde se detectaron diferentes contaminacións de fecais na rede de pluviais canalizadas ao Río Penso, que desemboca na Praia do Fabal. A nova rede de saneamento canalizarase até o colector de augas residuais no Paseo da Madalena, mediante un topo baixo a vía do tren.

Por outra banda, no Parque do Areal procederase a arranxar a zona afundida, coa instalación de novos colectores de pluviais e a rehabilitación do parque nesa área. Así mesmo, tamén se conectarán á rede de saneamento a marxe esquerda entre a rotonda da N651 e a Travesía do Areal.

Está previsto que estas actuacións se leven a cabo ao longo de 2021, toda que vez que reciban as autorizacións solicitadas aos diferentes organismos afectados. O orzamento destas actuacións ascenden a un total de 244.966,05 €, dos cales 158.938,71 € corresponden a fondos propios e 86.027,34 € a fondos subvencionados pola Deputación da Coruña a través do POS+ adicional 2020.

Desde o goberno local amosáronse satisfeitas por levar adiante «un proxecto que vén a solucionar un histórico problema medioambiental e urbanístico na zona urbana», e destacan a colaboración entre as diferentes áreas de goberno para levalo adiante.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.