O entroido arranca en Cabanas cunha gran festa o próximo luns

A xornada iniciarase ás 17.00 horas coa festa infantil, que contará con animación para o desfrute das crianzas e tamén unha merenda
entroido2023_3.01

O Concello de Cabanas celebrará o Entroido cunha gran festa que terá lugar o luns 20 de febreiro á tarde diante da Casa do Concello, en colaboración coa Asociación de Veciños Cabanas – Irís. A xornada iniciarase ás 17.00 horas coa festa infantil, que contará con animación para o desfrute das crianzas e tamén unha merenda. Pensando nos adultos, a partir das 21.00 haberá unha actuación musical e reparto de sobremesas para adultos.

Premiaranse os mellores disfraces nas categorías individuais e colectiva, valorando os criterios de orixinalidade, vestiario e maquillaxe. Na categoría individual seleccionaranse tres premios entre o público infantil (0 a 12 anos), tres na categoría xuvenil (13 – 17 anos) e outros tres na de adultos (desde os 18 anos). Os premios consistirán en vales de 75, 50 e 25 euros nas categorías individuais e 100, 75 e 50 euros na colectiva, que se poderán consumir no comercio local, no marco do programa de promoción económica “Merca en Cabanas”.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.