Pontedeume e Cabanas regulan o tráfico peonil na ponte de Pedra

Durante o día de hoxe se instalarán carteis indicativos de cómo se debe circular para mantener a distancia de seguridade

Co fin de favorecer e poder gardar a distancia de seguridade de dous metros no tránsito de peóns entre os Concellos de Pontedeume e Cabanas, ao longo do día de hoxe se procederá á instalación de sinalización provisional nos extremos da Ponte de Pedra para a regularización da mobilidade, sendo necesario utilizar a beirarrúa da esquerda nos desprazamentos entre os dous municipios.

A medida tomouse conxuntamente por ambos concellos unha vez acadadas as autorizacións pertinentes por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Os carteis se instalarán nos dous municipios para facer efectiva esta norma.

 

 

Salir de la versión móvil