Presentados os libros de “Memoria dun Século” sobre Laraxe, Cabanas e Salto

Coa publicación destes tres últimos libros complétase o proxecto “Memoria dun Século” nas sete parroquias de Cabanas
As persoas maiores das parroquias de Cabanas prestaron as súas memorias para elaborar estes traballos antropolóxicos
As persoas maiores das parroquias de Cabanas prestaron as súas memorias para elaborar estes traballos antropolóxicos

A área de igualdade do Concello de Cabanas presentou os tres últimos libros de “Memoria dun Século”, protagonizados polas parroquias de Laraxe, Cabanas e Salto. Con estas publicacións, complétase o proxecto, que inclúe ás sete parroquias do termo municipal cabanés. “Co proxecto ‘Memoria dun Século’ quixemos recoller o tesouro das lembranzas a través da realización de obradoiros polas distintas parroquias, co fin de compoñer unha tea coa historia de todo o concello”, sinalou a concelleira de igualdade, Paula González.

A través de Memoria dun Século, conseguiuse xerar un espazo periódico onde as persoas maiores – especialmente das contornas rurais – puideron exercitar e reelaborar as súas memorias persoais, articulando en conxunto o relato colectivo de cada unha das parroquias de Cabanas. Ademais, o programa ten un eminente enfoque de xénero, posto que entre as finalidades deste espazo está a posta en valor das vidas e saberes das mulleres, principais participantes da actividade, contribuíndo ao seu apoderamento e á visibilidade das súas achegas á historia de cada parroquia.

As persoas interesadas en facerse cos libros das diferentes parroquias, que se distribúen de maneira gratuíta, poden recollelos na Casa do Concello, así como nas sociedades ou escribindo a [email protected] A actividade foi facilitada pola Sociedade Cooperativa Galega Rexenerando, e conta foi financiada tanto con fondos propios como pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galiza.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.