Volven os talleres de ‘Envellecemento Activo’ a Cabanas

As actividades están destinadas a persoas maiores de 55 anos
Arquivo - Obradoiros de envellecemento activo
Arquivo - Obradoiros de envellecemento activo

Este próximo venres 20 de xaneiro reiniciaranse en Cabanas os talleres do programa de obradoiros “Envellecemento Activo”, destinados a persoas maiores de 55 anos. As persoas participantes distribúense en dous grupos, un que ten lugar os martes en horario de 11.00 a 12.30 horas na escola unitaria de Laraxe, e que ten servizo de transporte para facilitar a asistencia desde todo o termo municipal, e outro os venres de 17.00 a 18.30 horas no local da SCRD de Laraxe.

O obxectivo destes obradoiros é crear un espazo para o encontro e a participación das persoas maiores, co fin de realizar tarefas de carácter cultural e educativo. Aquelas persoas interesadas en solicitar máis información ou participar poden dirixirse ao correo electrónico [email protected] ou chamar ao 981 495 959 (extensións 2 ou 6).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.