Cada vez queda menos para a apertura do novo mercado municipal de Pontedeume

O pasado venres 7 de agosto comezaron as adxudicacións de ata oito novos negocios, mentres quedan vancantes outros seis que achegarán á veciñanza a calidade dos produtos locais
a8053cb3-6bb5-4147-9254-aabd598ae346

O Concello de Pontedeume notificou o pasado venres 7 de agosto a resolución da adxudicación definitiva das concesións para a explotación dos locais do novo mercado municipal. En concreto, nesta primeira rolda foron adxudicados unha pescadería, unha carnicería, dúas froiterías, unha panadería, unha chacinería, unha floristería e un posto de produtos locais. Oito negocios aos que hai que sumar a cafetería, ao estar en vigor ata o ano 2021 a antiga concesión deste local.

Trala suspensión durante tres meses dos prazos administrativos motivada pola declaración do Estado de Alarma e a crise sanitaria da Covid-19, e unha vez reiniciadas as xestións administrativas e cumpridos os prazos necesarios para a realización de requerimientos e subsanación de erros na documentación presentada no mes de xullo, este pasado venres procedeuse a asinar por parte do alcalde, Bernardo Fernández, o decreto de adxudicación dos postos do mercado.

Segundo as previsións iniciais sería a finais de xullo cando ía estar aberto ao público o mercado municipal, pero a actual crise sanitaria retrasou os plans iniciais como con outras tantas cousas. En canto as adxudicacións descritas, os concesionarios deberán realizar o abono do canon ofertado no concurso para proceder á firma do contrato, que deberá estar formalizado nun prazo de quince días. Unha vez formalizado deberá presentarse na casa consistorial a comunicación previa de actividade para comezar a habilitar e acondicionar os postos de cara a súa apertura.

Prazas vacantes

De forma pararela, nas vindeiras semanas abrirase un segundo prazo para optar aos locais vacantes, entre os que se atopan dúas peixerías, unha carnicería, un posto de produtos ecolóxicos e tres de produtos locais. Ao concello achegáronse nas últimas datas persoas interesadas en optar a súa explotación.

A apertura do Mercado Municipal é un obxectivo prioritario para o Concello de Pontedeume pola súa importancia como motor económico da vila. Chegará acompañada dunha serie de accións que buscan a súa posta en valor, tanto plans de mobilidade para optimizar os aparcamentos existentes como de dotación de conectividade wifi no edificio e no entorno da Praza do Conde. Así mesmo buscarase promocionar o produto local en colaboración con outras entidades e a reapertura do feirón dos sábados, que se atopa pendente da evolución da crise sanitaria do coronavirus.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.