O Comité de fabricación da Xunta de Galicia, do que forman parte as consellerías de Economía, Emprego e Industria, Sanidade e Política Social vén de aprobar 15 novos proxectos de pemes galegas para fabricar na comunidade material de protección fronte á Covid. Dous das empresas seleccionadas neste programa, que mobilizarán máis de 1,6 millóns de euros, están radicadas en Pontedeume.
En concreto, trátase das empresas Ana Calvo, que fabricará pantallas e mamparas protectoras e de Epoltech, S.L. que se dedicará as mascarillas cirúrxicas. A liña da Xunta achega axudas de ata 100.000 euros para cubrir os gastos ou investimentos que teñan que facer en maquinaria, material e outros activos coa posibilidade de acceder a un anticipo.
As pemes galegas poden solicitar tamén os apoios que se ofrecen a través dunha segunda liña de axudas dotada con 5 millóns de euros, con apoios de ata 800.000 euros por proxecto, e que ten como obxectivo impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra o covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. Así, apoiase a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.