Garantizarase a accesibilidade en varios poboados das Pontes

Barreiro, A Fraga e A Magdalena son os tres territorios que mellorarán considerablemente diversos espazos públicos e así facelos os máis transitables posible
safe_image (2)

Nun encontro informativo mantido esta mañá do martes 8 de setembro deuse a coñecer coñecer a ordenanza que regularará a instalación de elementos de mellora da accesiblidade en varios poboados locais. Na reunión participaron o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polos concelleiros Antonio Alonso e Ana Pena, así como  os representantes das asociacións de veciñais do poboados do Barreiro, A Fraga e A Magdalena, os tres territorios a reformar.

Aposta pola accesibilidade universal

González Formoso sinalou a importancia desta ordenanza, xa que «representa un hito para o noso Concello, en consonancia coa nosa aposta pola accesibilidade universal, con rúas sen pendentes nin escalóns, con anchos de beirarrúas de máis de 1,20 metros ou con pasos de peóns adaptados para as persoas con discapacidade visual. Esta ordenanza permítiranos dar resposta ás necesidades, en materia de accesibilidade, das 1.200 persoas que residen nos poboados da Fraga, O Barreiro e A Magdalena».

Á espera de ser aprobada polo pleno

A ordenanza reguladora, que deberá ser aprobada polo pleno municipal, desenvolve a norma urbanística relativa á ocupación do dominio público necesario para a instalación de ascensores e outros elementos que garantan a accesibilidade universal cando non resulte viable ningunha outra solución, quedando sempre asegurada a funcionalidade dos espazos libres, dotacións e outros elementos do dominio público.

Esta norma será de aplicación nos edificios e establecementos, tanto de uso público como privado, así como en edificios de vivendas plurifamiliares, sempre que e cando non sexa posible resolver a accesiblidade no seu interior ou a través do espazo exterior sen ocupar a vía pública.

Tras a probación polo pleno municipal abrirase un prazo de información pública e audiencias ás persoas interesadas polo prazo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións. Unha vez finalizado o prazo de alegacións e resoltas as mesmas, a ordenanza entrará en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.