Para todos os interesados en visitar esta beleza arquitectónica poderán acudir á oficina de turismo municipal situada no propio mosteiro, a cal estará aberta ata o día 30 de setembro.
Así, todas aquelas persoas que desexen visitar o Mosteiro de Monfero poderán facelo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, de mércores a domingos, festivos e vísperas de festivos. Hai que ter en conta que o primeiro domingo de mes estará pechada, polo que abrirá o martes seguinte.
Deberase entrar ao interior do Mosteiro con máscara e seguir as sinais do chan para unha mellor circulación dos visitantes, permitindo así manter a distancia de seguirade e evitando o contacto entre os turistas que se acheguen