A Deputación adquire un camión 4×4 para traballos de mantemento nas estradas de Monfero

O vehículo destinarase a traballos de limpeza de rúas e estradas, usarase como quitaneves e contará con grúa e motobomba

A Deputación da Coruña financiará con 300.000 euros a adquisición dun camión 4×4 que se destinará a conservación e mantemento de estradas e espazos públicos nos concellos de Monfero, Aranga, Irixoa e Vilarmaior.

O camión estará dotado dunha folla quitaneve e un esparexedor de salmoeira para solucionar os problemas de acceso que no inverno sofren moitas aldeas a causa da neve; un equipo motobomba para realizar tarefas de limpeza de beirarrúas e marquesiñas, así coma labores de mantemento en vías municipais.

As características do camión complétanse con unha grúa elevadora para traballos de poda de árbores e reparación nas luminarias públicas; un polbo con rotor de xiro para recollida de plásticos agrícolas nas explotacións gandeiras e un gravilladoiro para a realización de traballos de conservación das vías municipais dos catro concellos da comunidade.

Salir de la versión móvil