Entrevista a Andrés Feal, alcalde de Monfero

" O principal reto é a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal"

Andrés Feal, Alcalde de Monfero.

Estamos a comezos de lexislatura. Cales son os proxectos principais para o Concello nos próximos anos?

Dende o goberno local de Monfero o principal reto ó que temos que facer fronte nesta lexislatura 2019 – 2023 é a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Un dos grandes retos é o demográfico. Que medidas se poden tomar desde os concellos para aumentar a poboación?

Para conseguir aumentar a poboación é imprescindible que veñan empresas e industrias, que se incorporen ó medio rural, que vexan que ofrecemos posibilidades para que os seus negocios poidan prosperar. E para iso é importante que sexamos capaces de demostrarlles que aquí tamén hai negocio, que tamén hai futuro. Se as novas empresas se instalan únicamente nas cidades, que é o que sempre acaba pasando, a poboación vaise para alí, merca casas alí, consume nos bares de alí, e merca nas tendas de alí. E o rural queda cada vez máis vacío. Hai que conseguir que os negocios teñan interese en afincarse tamén nos concellos pequenos.

Considera que os concellos asumen competencias que deberían asumir a Xunta ou o Gobierno central?

Si. Os gobernos locais asumimos moitas mais competencias das que deberíamos. A Xunta de Galicia e o Goberno Central deixan nas nosas mans moitos trámites que deberían depender deles, que teñen moitos máis medios.

Necesitan os concellos outro modelo de financiación, ter unha maior autonomía económica?

Si. Eu penso que os concellos deberíamos ter maís autonomía financeira para deixar de depender tanto do resto de administracións.

Xa falando desde un punto de vista comarcal, como é a relación cos outros concellos do Eume?

Considero que a relación do Concello de Monfero cos outros concellos da comarca do Eume é boa, e así é como ten que ser.

Deberían compartir máis servizos entre os concellos da comarca? Sería posible unha maior colaboración?

Si. A posta en marcha de accións conxuntas entre concellos veciños reduce significativamente os gastos e mellora a eficiencia, polo que os veciños saen claramente beneficiados. Temos que buscar novas vías de comunicación.

Salir de la versión móvil