Licitadas as reformas do CPI Virxe da Cela de Monfero

O proxecto, financiado con fondos da Deputación, renovará a fachada e o parque infantil
10608698_643939279037900_6341551987049983452_o

A Deputación da Coruña, a través do Plan Único (POS+2019), investirá 202.903,45 euros nas obras de reforma e acondicionamento do CPI Virxe da Cela de Monfero, o parque infantil anexo e a mellora das inmediacións do centro escolar, onde se atopa o polideportivo e o campo de fútbol.

As obras, que xa están en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, suporán unha importante mellora do aspecto exterior deste colexio público, cuxa fachada está actualmente nun deficiente estado de conservación, con numerosas gretas, desconchados da pintura e filtracións de humidade. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que o Plan Único permitirá «un lavado de cara en profundidade» desta instalación educativa, «mellorando a habitabilidade para o alumnado e o seu aspecto exterior, así como a seguridade do parque no que xogan os rapaces».

O proxecto pretende renovar completamente o aspecto do inmoble, cunha limpeza en profundidade das fachadas, reparando as gretas existentes e aplicando un tratamento anti corrosión e humidades e un emplastecido e pintado completado da fachada, que mellorará a súa impermeabilización. Tamén se retirarán os actuais canalóns e baixantes de PVC para substituílos por outros de aluminio anodizado.

Na área de xogos infantís adxacente, os traballos consistirán an restauración dos xogos infantís (limpeza, lixado, axuste de pezas e repintado) e a súa adaptación ás normativas de seguridade vixentes, así como a renovación completa do firme, actualmente de baldosa e area, por un novo solo de caucho que ofreza maior protección contra as caídas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.