Monfero abre o prazo de inscrición para os campamentos «Concilia Verán»

A actividade estará destinada a nenos e nenas de 4 a 14 anos e desenvolverase no polideportivo do Xestal
Campamento-urbano-infantil-en-2016

O Concello de Monfero acaba de abrir o prazo para a inscrición do Concilia Verán, un programa para ofrecer solucións á conciliación laboral e familiar durante o periodo de vacacións. Estes campamentos culturais de verán se desenvolverán no polideportivo do Xestal e no campo de fútbol en horario de 09.00 a 14.00 horas. A iniciativa, que vai dirixa a nenos de entre 4 e 14 anos empadronados en Monfero, contará con sesións de pintura, música, baile, contacontos, xogos e animación á lectura.

Estableceranse grupos reducidos para unha mellor seguridade e cumprimento da normativa de hixiene, protección, distanciamento interpersonal e restantes medidas preventivas de saúde pública en vigor, para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

As persoas interesadas neste servizo poden anotarse nas oficinas do Concello cubrindo un impreso de inscrición, de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres, ou enviando o impreso cuberto ao correo [email protected]. O impreso publicarse na páxina web nos vindeiros días.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.