Monfero aproba as inversións do POS 2023 por case 900 mil euros

Destinaranse 96.134,03 euros do POS ADICIONAL 2023 para gasto social, dirixido a reforzar e ampliar persoal técnico de servizos sociais e ampliar axudas

Ayuntamiento de Monfero

O Concello de Monfero aprobou no pleno do pasado venres día 10 de febreiro investimentos por un valor de 891.429,18 euros, cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP. Os proxectos están financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos -POS-.
O Concello destinará 269.049,75 euros a gasto corrente, 185.009,67 euros á mellora de estradas municipais en aglomerado asfáltico en tres lugares: camiño dende as Lamelas a Nebras e ao Carballo -San Fiz-, camiño de Vilaxestoso a Pazos e á Cruz da Carballeira -San Fiz-, camiño O Sisto – O Pico da Meda – A Leireta -Santaballa, O Alto de Xestoso-.
En canto ao Plan Complementario, inclúese unha partida de 437.369,76 euros, dos cales se destinarán 213.032,55 euros para a mellora de estradas municipais en aglomerado asfáltico no camiño de Vilarboi á Carballeira -San Fiz-, camiño do cruce da Serra ás Leguas -Queixeiro- e o camiño dende o cruce de Vilar á Graña de Sevil -Santa Xiá-. Destinaranse 224.337, 21 euros para a mellora de estradas municipais en aglomerado asfáltico no acceso ás Ferrarías -O Val de Xestoso-,  O Malloeiro -O Val de Xestoso-, a Calvela -O Val de Xestoso-
, camiño do Cruceiro á Fonte da Vila, ao Regueiro e a Cerdeiras -Vilachá-, camiño de Embeande ao Castiñeiro e á Acea -San Fiz- e o acceso a Sanguiñedo -San Fiz-
Tamén aprobou a cantidade de 96.134,03 euros para gasto social, cos votos a favor do PSOE e do PP. Estos serán empregados para reforzo e ampliación de persoal técnico de servizos sociais, para ampliar as axudas a aquelas persoas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade, exclusión social ou vítimas de violencia de xénero, axudas para asegurar a cobertura das necesidades básicas como vivenda, alimentación ou gastos médicos, ampliar o servizo de axuda a domicilio e para medidas de conciliación e respiro familiar.
Salir de la versión móvil