Monfero contratrará a un peón o dous albaneis ao abeiro do programa PEL da Deputación

A data límite para presentar as solicitudes, tanto de forma presencial como telemática, será o próximo venres 26 de xuño
4871

O Concello de Monfero ten aberta unha nova oferta de emprego temporal para contratar a un peón e dous albaneis con cargo á subvención que concede a Deputación Provincial a través do Programa de
Integración Laboral (PEL-CONCELLOS/2020) mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais para concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Os contratos, que serán a xornada completa – de luns a venres- terán unha duración de catro meses e medio e contarán cunha retribución de 1.122,33 euros brutos mensuais para os postos de albanel e de 1061,81 euros para o de peón. En ambos casos a selección realizarase por concurso de méritos e unha proba escrita.

Ademáis, o Concello poñerá en marcha a formación e funcionamento dunha bolsa de emprego para posibles provisións temporais de persoal na categoría de tractorista. Co resultado do proceso confeccionarase unha bolsa de emprego cos aspirantes que o superaron, por orde de puntuación, procedéndose, no seu momento, á súa contratación ou nomeamento de forma correlativa e decrecente, en función das necesidades que xurdan.

Os interesados poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, despois da solicitude de cita previa de conformidade co réxime de atención presencial vixente no Concello con motivo da crise sanitaria pola Covid-19,  na Sede Electrónica . As tres convocatorias teñen como data límite para presentar as solicitudes o próximo venres 26 de xuño.

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.